Sunday 28 de April de 2024

O alcalde de Cambre reúnese cos Asociación Galega de Familias Numerosas


O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, e o concelleiro de Servizos Sociais, Juan Evaristo Rodríguez, mantiveron unha reunión esta mañá coa Asociación de Familias Numerosas (Agafan) coa intención de colaborar na iniciativa lexislativa popular que pretende a redución do tipo impositivo do IVE dos cueiros, que actualmente soportan o tipo máximo deste imposto, o 21 %. Agafan solicita que este artigo, básico para as familias, pase a estar gravado co 4%, tipo de IVE máis baixo que existe en España.

O alcalde asegura que este tipo de produtos de primeiro necesidade deberían xa de contar co tipo impositivo reducido “xa que existen miles de familias que teñen que afrontar un gasto en cueiros cando é algo necesario para os nosos fillos, que hai que usar todos os días durante unha media de dous anos obrigatoriamente”.

A súa aprobación como Proposición non de Lei pasa polo seu debate en Pleno ou en Comisión previa recollida de 2.500 firmas. A Xunta Electoral de Galicia acordou por unanimidade a admisión dunha proposición non de lei presentada pola Asociación Galega de Familias Numerosas, que tras a recollida destas firmas levará ao Parlamento galego que deberá instar o Goberno español, ao tratarse dunha modificación do tipo de gravame, competencia do Estado.

AGAFAN pide a colaboración de todos para recoller as firmas necesarias e seguir cos trámites polo que repartirá pregos nos concellos, garderías, colexios, etc.